Skip to content

Igrexa de San Pedro de Bande - CM ES159 Multi-Cache

Hidden : 5/18/2024
Difficulty:
1.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   small (small)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


A igrexa e o seus arredores

A igrexa de San Pedro, no núcleo histórico de Bande, construíuse no século XVIII. É de estilo barroco, pero a pesar diso, presenta uns muros sinxelos e con pouca decoración. A súa planta é de cruz latina, con fortes muros. As cubertas empregan diferentes tipos de bóvedas: de canón e de aresta. No seu interior poden observarse diferentes altares e retablos tamén barrocos. No exterior linda coa casa reitoral na que se pode observar un escudo que fai referencia á pertenza da igrexa ó mosteiro de San Salvador de Celanova.

A praza foi mellorada a finais da primeira década do século XXI. Nela existe unha fonte dos anos 80, un cruceiro barroco e sobre todo sobreviven tres xigantescos e centenarios carballos que forman unha fileira ata o templo. Estes son parte dunha lenda que nos conta que foron plantados polos monxes nos séculos pasados co fin de mostrar ós veciños a mellor época para plantar diferentes cultivos. Cando florece o carballo do medio é o tempo para plantar patacas. Con quince días de diferenza florecerá o carballo de máis ao norte. Isto significa que o millo xa pode ser plantado. Por último, cando florece o do sur será bo momento para as fabas. Outras historias cóntannos que aquí existía a capela de San Roque e que xunto a ela realizábase un gran mercado, polo que foron plantados con motivo de dar sombra ó recinto.

Imaxes e información: Galicia Máxica, Geodestino Terra de Celanova - Serra do Xurés.

O Multi

Para conseguir as coordenadas finais, deberás visitar tódolos waypoints e neles atopar os seguintes datos; se hai un con dous ou máis díxitos, redúceo a un díxito; (567=> 5+6+7= 18=> 1+8=9):

  • A= Ano nos azulexos.
  • B= Na porta lateral cun arco de medio punto, atoparás unha chor insculpida na pedra. Número de pétalos.
  • C= Número de contrafortes no lado sur.
  • D= Número de ousias.

Despois de obter os datos, deberás resolver a seguinte fórmula e introducir as coordenadas en Certitude:

N42 0(C-2).(B)(B+1)(C+6) W007 (A+1)(2A).(D+2)(B)(B)

O caché non contén material de escritura, polo que precisa dun bolígrafo, selo ou lapis para poder firmalo.

Comeza con:

  • Logbook
  • Woodcoins (2)
  • Obxectos de troco
Este caché, con matrícula ES159, pertenece a la lista GEOIGLESIAS ESPAÑA, da de alta en esta lista tus cachés relacionados con iglesias, a través de Geoiglesias.wordpress.com.

 

Podes validar a solución ó teu puzzle con certitude.

Additional Hints (Decrypt)

Ra Pregvghqr

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)