Skip to content

O camiño á Cidadella Traditional Cache

Hidden : 8/22/2016
Difficulty:
2.5 out of 5
Terrain:
1.5 out of 5

Size: Size:   other (other)

Join now to view geocache location details. It's free!

Watch

How Geocaching Works

Please note Use of geocaching.com services is subject to the terms and conditions in our disclaimer.

Geocache Description:


Con esta serie de cachés quero levarvos á Cidadella, entre o pobo español de Soutochao e o portugués de Segirei, onde unha ruta fermosa agarda por vós.

A Cidadella forma parte dunha das Rutas do Contrabando polas que se pasaba principalmente produtos de alimentación ao outro lado da raia. Sen embargo, durante a 2ª Guerra Mundial chegouse a transportar wolframio cara Portugal, pois había minas no lado español.

Ademáis de poder facer unha ruta perfectamente señalizada e coidada, podedes visitar antigos muiños rehabiliatados. O curso do río fai pozas ó longo do seu cauce e remata nunha cascado de +/- 50 metros.

A zona conta con un refuxio para os peregrinos que fan o camiño de Santiago portugués. Recomendo que veñades aquí a pasar o día, pois podedes bañarvos nas pozas que hai debaixo da fervenza, comer nalgún dos 3 merendeiros que hai ao longo da ruta e incluso visitar Segirei, onde hai unha praia fluvial. Eu recomendo vir na primavera porque a fervenza é máis espectacular nestas datas, pero no verán esta ruta tamén é recomendable por ser moi fresca.

Espero que disfrutedes destes cachés. Hainos grandes e pequenos, pero o máis importante é que todos están camuflados. Dado que esta fermosa ruta queda bastante a desmán, quero que os cachés sexan de nivel para os que veñan visitala.

Ollo, porque nesta zona NON HAI COBERTURA, así que debedes gardar os cachés e as imaxes antes de vir. En todos os cachés facilito unha foto spoiler para que os poidades atopar, xa que as coordenadas poden varíar moito. Oxalá vos sexa agradable. Saúdos e feliz geocaching!

Additional Hints (Decrypt)

Pbagvaún erpgb genf n cbagr ngn rfansenegr. Aba rfgá ab zheb.

Decryption Key

A|B|C|D|E|F|G|H|I|J|K|L|M
-------------------------
N|O|P|Q|R|S|T|U|V|W|X|Y|Z

(letter above equals below, and vice versa)