O caché está situado detrás dun dos edificios da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña. A facultade está situada no Campus da Zapateira, no monte do mesmo nome. Este encóntrase ás aforas da cidade da Coruña. Colocamos aquí este caché, ao igual que o de UDC – Facultade de Informática, xa que un de nós estudou neste centro.
Trátase dun pequeno tupper metido nunha bolsa de plástico.